O grupo GRILEIROS fúndase como unha aposta dentro da música tradicional galega, xa que os seus compoñentes son nados arredor do ano 1991.
Naceron no ano 2008 coa participación no programa 3T do Concello de A Coruña.
Coñecen todas as nosas tradicións da man de dúas persoas que son un vínculo ente os nosos maiores e o mundo actual, pois esa música era a que eles tocaban nos seus tempos libres o mentres estaban a traballar e que logo dun proceso de recollida de campo achégase por medio de Olga Kirk e Pablo Díaz.
Agora son os propios GRILEIROS os que comezan tamén a recoller por diferentes puntos da xeografía galega, para asentar un repertorio propio e contar ademáis con un arquivo etnográfico.
Algúns tamén forman parte da A.C. Donaire e estiveron vinculados a grupos como Airiños da Torre, a desaparecida Xebre ou a Escola de Baile do CEIP Fernández Latorre.
Hoxe en día, son eles os que imparten clases e cursos de baile e música tradicional noutras entidades e asociacións.
Participantes en concursos de música tradicional na modalidade de pandereteiras e cuartetos de gaitas, con importantes premios acadados ademais dos éxitos tamén con outras agrupacións en concursos de baile tradicional e de parellas.
Ademáis, pasearon por moitos lugares tanto de Galicia como de España ou incluso de Europa mostrando o folclore típico da nosa terra e o máis importante é que teñen un verdadeiro interese en seguir divulgando a nosa música durante moito tempo.